Interesantísimas as análises de
Helena Miguélez-Carballeira no seu estudo da imaxe da identidade
galega, dende un punto de vista de xénero e decolonial.
De como a
identificación da nación cos estereotipos femininos, co
sentimentalismo particularmente, busca un efecto desmobilizador
político, colonizador.
Lembrando sempre que hai que entender as
definicións sobre as características dun pobo como produto dunha
dialéctica histórica, entender por que xurdiron nun momento
histórico concreto, e cuestionalas criticamente. Por exemplo, o
feito de que para Galiza se puxo énfase no seu suposto carácter
"manso" e non na historia secular de loitas
socio-políticas.
Ao fin, a imaxe do país na literatura é a dunha Galiza feminina que está ben para ser adorada, pero non como suxeito político.
Magnífica entrevista de Galiza Ano Cero. Non a perdades, en serio.
http://www.galizaanocero.tv/entrevistas/helena-miguelez